Wednesday 15 de May de 2024

A sala de exposicións de Brión acolle mañá venres “Contos de primavera”, unha sesión de contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos


A sala de exposicións da Casa da Cultura de Brión acollerá mañá venres 12 de maio, ás 18:00 horas, a representación de “Contos de primavera”, unha sesión de contacontos dirixida a un público infantil de entre 3 e 9 anos de idade. A participación é totalmente libre e de balde.

“Contos de Primavera” é o segundo espectáculo da muradá Celtia Figueiras, que o pasado mes de marzo xa acadou gran éxito de público en Brión coa súa representación dos “Contos de Inverno”. O obxectivo é que os nenos e nenas aprendan a ver e sentir as distintas estacións do ano dun xeito diferente. O espectáculo está organizado polo Concello de Brión, en colaboración co programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.